Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

NOVA XUNTA DE GOBERNO DO COLEXIO OFICIAL DE BIÓLOGOS DE GALICIA (COBGA)

 

Que nas eleccións a Xunta de Goberno do COBGA convocadas o día 15 de outubro de 2025, resultou elexida a seguinte candidatura e ao ser a única válidamente presentada ao final do prazo de presentación de candidaturas, en virtude do indicado no apartado 6 do artigo 43º dos Estatutos do COBGA (DOG nº 141, de 22/VII/08).

D. José Antonio Fernández Bouzas, Director do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, renova como Decano do COBGA.
Xunto a el, repite tamén como Vicedecano D. Pedro Pablo Gallego Veigas, catedrático da Universidade de Vigo.

O novo órgano de goberno complétase cos seguintes cargos:

•    Tesoureiro: D. Andrés Pilas Pérez, Director da consultora AMBICAL.
•    Secretaria: Dª Juana María Doce Cebreiro, Directora de Rexistros Biolóxicos do Grupo Zendal.
Vogais
•    Dª Beatriz Asorey Torres, bióloga na Consellería do Mar.
•    D. Xosé Manuel Méndez García, técnico municipal de Medio Ambiente do Concello de Lalín.
•    Dª Elena Vázquez Portela, Asistencia Técnica-bióloga na Confraría de Pescadores de Marín, responsable do Plan de Xestión Conxunto de Solénidos da Ría de Pontevedra.
•    D. Manuel Antonio Rodríguez Suárez, xerente de Enxamio, consultoría especializada na xestión de recursos e residuos de postconsumo a nivel internacional.
•    Dª Diana Valverde Pérez, catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade de Vigo e investigadora en enfermidades raras.
•    D. Andrés González Lecuona, profesional especializado en saúde e benestar animal no sector industrial da acuicultura mariña.
•    D. Fernando Gonzalo Iglesias Quiroga, Xerente de Cultura de Cervexa en Hijos de Rivera S.A.U.

•    D. Julio Rodríguez López, xenetista na Fundación Galega de Medicina Xenómica.
•    Dª Montserrat I. Martínez Morán, directora adxunta do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.
•    Dª Marta Míguez Leira, especialista en Reprodución Humana Asistida na Clínica Segrelles.

Xunta de Goberno https://biologosdegalicia.gal/xuntadegoberno

Liñas estratéxicas para o novo mandato

A Xunta de Goberno establece como prioridades para os próximos catro anos:
•    Actualizar os estatutos segundo as directrices do CGCOB e da administración.
•    Seguir, tanto desde o COBGA coma do CGCOB, reforzando e ampliando os ámbitos profesionais dos e das profesionais da bioloxía.
•    Seguir reforzando a presenza institucional e social do COBGA.
•    Seguir impulsando a modernización das ferramentas tecnolóxicas e a comunicación co colexiado.
•    Intensificar a relación con todos os ámbitos da bioloxía: ciencia, medio ambiente, sanidade, alimentación, industria, academia, consultoría e administración pública.
•    Consolidar a estrutura e eficacia do Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos.
•    Dinamizar o funcionamento das Comisións Sectoriais, mellorando a súa capacidade para detectar e responder ás necesidades profesionais e sociais.
•    Incrementar a base colexial para avanzar en representatividade e solidez económica.

Recoñecemento ao equipo saínte: O COBGA expresa o seu agradecemento ás vogais saíntes Dª Beatriz González, Dª Xiana Pérez e Dª Isabel Balvis, e de maneira especial a D. Fernando García, Tesoureiro desde 2008, pola súa destacada achega á estabilidade económica da institución.