Documentación necesaria para a colexiación on line
- DNI escaneado (as dúas caras).
- Fotografía modelo carnet de identidade (arquivo de imaxe: jpg…).
- Título (ou certificado substitutorio do Título) de Licenciado/a, Graduado/a en Bioloxía, Ciencias Naturais, Ciencias (Sección Biolóxicas) ou Ciencias Biolóxicas (expedido pola Universidade Española de referencia ou homologado polo Ministerio de Educación español). (*) (**)
- Impreso de domiciliación bancaria, asinado con certificado dixital, onde se cargarán os recibos semestrais de colexiación. (*)
- Documento xustificativo do pago (transferencia bancaria) da cota de inscrición e cota semestral.
- No seu caso, DARDE ou Certificado de Situación Administrativa ou Informe de Períodos de Inscrición, expedido pola Oficina de Emprego correspondente. En todo caso, con data actualizada.
No momento da solicitude de alta aboarase a cota de inscrición que corresponda (15,00 € se fai menos dun ano desde a finalización dos estudos; 35,00 € se fai máis dun ano) e a parte proporcional do semestre da cota de colexiación, a razón de 5,00 €/mes a cota reducida (situación de desemprego) e 12,5 €/mes graduados/as fai mais dun ano ou 6,25 graduados/as nos derradeiros 12 meses.
- Unha vez colexiado/a a cotas anuais dos seguintes semestres faranse efectivas en recibos semestrais (a cobrar en xaneiro e xullo de cada ano).
O Colexio comunicará o cobro nos boletíns semanais con (mínimo) 15 días de antelación a emisión do correspondente recibo.
En todos os casos o arquivo non será maior de 2Mb.
O importe (cota inscrición+cota semestral proporcional) deberá facerse efectivo mediante transferencia a conta:
A Colexiación será efectiva unha vez cumplidos os requisitos establecidos pola Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (Estatutos do Colexio, art. 9º.- Solicitudes de colexiación. https://webcobga.e-gestion.es/Default.aspx?Cod=75)
O Colexio poderá solicitar as emendas á documentación que considere necesarias.
Unha vez recibida e comprobada a documentación e o pago, o Colexio extenderá un xustificante. (*)
* A autenticidade da identidade do solicitante verificarase mediente a sinatura electrónica dos documentos indicados. Recoméndase a utilidade para sinatura dixital de documentos AutoFirma http://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html. De non ser posible a verificación deberá aportarse o título orixinal de xeito presencial ou por correo postal copia compulsada por un notario (única e exclusivamente).
** A colexiación polo procedemento on line quedará a expensas da verificación do título no Registro Nacional de Títulos do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, de conformidade co disposto na Ley 2/2011, de 4 de marzo, de Economía Sostenible, na súa Disposición Adicional Segunda relativa ao acceso á información do Registro Nacional de Títulos Universitarios e de conformidade co artigo 11.1 da Ley Orgánica 15/1999, de Protección de datos de carácter persoal. De non ser posible a verificación deberá aportarse o título orixinal de xeito presencial ou por correo postal copia compulsada por un notario (única e exclusivamente).