Pegada de Carbono
No ano 2023 asinamos convenio con AMBICAL para o cálculo da pegada de carbono do Colexio (alcances 1 e 2), sen custo para o Colexio, e a posterior inscrición no Rexistro de Pegada de Carbono do Ministerio de Transcición Ecológica y el Reto Demográfico. No segundo semestre do ano realizouse o cálculo das emisión da sede colexial, consistentes nas emisión directas (Emisións fuxitivas de gases refrixerantes) e as emisións indirectas (consumo de enerxía eléctrica de rede), cun resultado de 1,64 Tn CO2e procedentes ó 100% das emisións indirectas (Alcance 2) e sendo neutros en alcance 1. O Plan de mellora inclue o obxectivo (nº 1) da reducción das emisións derivadas do consumo eléctrico nun 2% antes do 31/12/2023 (Indicador asociado: Tn CO2/nº de empleados). Para alcanzar o obxectivo prevese nunha primeira etapa a realización de actividades de sensibilización do personal e a substitución de luminarias de fluorescentes a LED. Nunha etapa posterior evaluarase a cambio a tarifas eléctricas de baixo o nulo nivel de emisións de carbono.
O 27 de outubro quedou rexistrada no Ministerio de Transcición Ecológica y el Reto Demográfico a nosa pegada de carbono co número 2023-a1778, podendo facer uso do selo.
Agradecemos a implicación de AMBICAL na consecución destes obxectivos de mellora ambiental da nosa institución, os/as biólogos/as debemos dar exemplo!