IV PREMIOS AOS MELLORES TRABALLOS FIN DE GRAO E MASTER DO COLEXIO OFICIAL DE BIÓLOGOS DE GALICIA
IV Premios aos Mellores Traballos Fin de Grao e Master do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia
Bases da convocatoria
Primeira – O concurso está convocado polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, con sede en R/Banquete de Conxo,6. Telf.: 981531440, correo electrónico: info@biologosdegalicia.org
Segunda – O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia ten entre as súas funcións a promoción e fomento do progreso da Bioloxía, o desenvolvemento científico e técnico da profesión, así como do seu servizo á sociedade. Con estes fins concédese os premios aos mellores traballos fin de grao/master.
Terceira – Poderá optar ao Premio o alumnado matriculado nas Universidades Galegas durante o último curso (2025-2026) en calquera das titulacións de Grao en Bioloxía ou Master, neste último caso sempre que a titulación do/a alumno/a sexa de Grao en Bioloxía. O traballo debe estar cualificado polo menos como apto en data anterior ao 1 de outubro de 2026.
O prazo de presentación dos traballos finaliza o 2 de outubro de 2026 ás 13:00 horas.
Inscrición