Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Política de privacidad


Política de Privacidade

Infórmaselle de que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán tratados polo COLEXIO OFICIAL DE BIÓLOGOS DE GALICIA (en adiante COBGA) con domicilio en BANQUETE DE CONXO, 5 BAIXO 15706 – SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA), que cumpre coas medidas de seguridade esixidas na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal. A finalidade do devandito tratamento é a descrita en cada un dos formularios establecidos na páxina web na que Vostede nos facilitou os seus datos.

Os datos facilitados non serán cedidos a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal, e conservaranse durante o tempo necesario para atender a súa solicitude, a condición de que non nos indique o contrario exercendo o seu dereito de cancelación, ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais.

O COBGA non elaborará ningún tipo de “perfil”, baseándose na información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas baseándose nos perfís.

Así mesmo, o COBGA cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos co fin de poder fidelizar a relación entre as partes.

O/a usuario/a poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas, automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o/a responsable do tratamento na dirección anteriormente mencionada, ou por correo electrónico a info@biologosdegalicia.org adxuntando copia do seu DNI o documento equivalente ou directamente ante o delegado de protección de datos.

No caso de que non obteña satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia Protección de Datos competente. Sendo ésta a Agencia Española de Protección de Datos, e cuxos datos de contacto están accesibles en https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/reclamacion.jsf.

O COBGA adopta as medidas técnicas, organizativas e de seguridade correspondentes segundo a normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal. No entanto, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do/a usuario/a.

De acordo co que establece a Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e o comercio electrónico no seu artigo 21, solicitamos o seu consentimento para poder realizar as comunicacións publicitarias que consideremos poidan ser do seu interese, por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente.