Comisións
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA- creou sete Comisións sectoriais, destinadas a traballar pola mellora de cada un dos ámbitos que integran a profesión. Todos os colexiados (que estean ao corrente de pago da cota colexial) teñen a oportunidade de participar activamente nas mesmas, aportando os seus coñecementos e propostas nos diferentes eidos.
Para entrar nestes Grupos debes ser membro da Comisión correspondente, así que, se estás interesado en formar parte dun deles solicítanolo.
- Sanidade
- Medio Mariño (inclúe pesca, acuicultura...)
- Procesos Industriais (inclúe alimentación)
- Sector Ambiental
- Educación e Divulgación (inclúe educación ambiental)
- Emprego e Formación
- Asuntos Laborais (inclúe función pública
Podedes inscribirvos mediante o formulario, indicando no Asunto: Alta Comisión "NOME DA COMISIÓN" e no corpo da mensaxe, o voso nome e número de colexiada/o.