Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Certificación Ambiental


Certificación de Biólogo/a Ambiental do Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos.

 

Esta Certificación concederase a todos aqueles colexiados/as nos Colexios territoriais de Biólogos que superen os requirimentos e o baremo aprobado pola Comisión de Medio Ambiente do CGCOB. Este baremo ten en conta a experiencia profesional dos solicitantes, así como a súa formación.

Os colexiados que cumpran cos requisitos e os baremos establecidos recibirán o Certificado de Biólogo/a Ambiental e automaticamente formarán parte do Registro Nacional de Biólogo/a Ambiental (RNBA), que servirá para dotalo de funcionalidade nos convenios que o CGCOB ten con outras institucións, por exemplo o que recentemente se asinou co Grupo TRAGSA.

Os principais obxectivos son:

-Mellorar a calidade dos servizos ambientais que a profesión presta á sociedade.

-Promover a mellora da situación laboral dos profesionais da Bioloxía Ambiental.

-Fomentar a regulación da profesión.

-Crear unha bolsa de profesionais do Medio Ambiente, mediante a creación do Registro Nacional de Biólogo/a Ambiental (RNBA).

Requisitos 

-Estar colexiado na actualidade e completar un mínimo de seis meses de colexiación nalgún colexio territorial. A baixa como colexiado equivalerá á perdida da certificación e a eliminación do RNBA.

-Traballar nalgunha das actividades reflectidas no documento que figura como Anexo: “Áreas de coñecemento para a certificación de Biólogo Ambiental” un mínimo de tres (3) anos durante o últimos dez anos a contar desde a data de solicitude.

É imprescindible achegar os seguintes datos:

1. Currículum vítae normalizado (FECYT ou autonómico).

Formación recibida e impartida. Diplomas, títulos, certificacións ou acreditacións oficiais.
Publicacións.
Participación en Consellos, Comités, Comisións, etc.

Documentación descritiva do traballo desenvolvido (só autónomos).


2. Contrato ou certificado do responsable do centro de traballo .
3. Vida laboral
4. Cobertura de responsabilidade civil Profesional (só no caso de actividade por conta propia e/o privada
5. No seu caso, suspensión ou inhabilitación para o exercicio profesional.

6. Xustificante de transferencia (solicitar datos bancarios ao seu Colexio para o pago )

7, Política de privacidade (asinado)

A certificación de Biólogo/a Ambiental poderá ser emitida de maneira dixital e terá unha validez de 5 anos desde a súa data de emisión, debendo ser renovada transcorrido este prazo.

SOLICITUDE https://cgcob.es/certificacion-biologo-ambiental/