PRECOLEXIACIÓN
PRECOLEXIACIÓN
Créase a figura de precolexiado/a para facilitar aos estudantes do último curso (4º) de Grao en Bioloxía o acceso a determinados servizos colexiais, así como a participación nas súas actividades.
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia pon en marcha a PRECOLEXIACIÓN como medio de incorporación e coñecemento á vida profesional e laboral, empezando así a apoiar a quen proximamente teñen o dereito e o deber de incorporarse como membros de pleno dereito ao noso Colexio.
Servizos ofrecidos
A precolexiación inclúe boa parte dos servizos que se ofrecen aos colexiados.
- Cursos organizados polo Colexio cos mesmos descontos que os colexiados.
- Acceso ás zonas restrinxidas da web do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.
- Acceso ás ofertas de emprego ou bolsas, cando non sexa requisito o título de Grao
- Asesoramento sobre saídas profesionais e orientación Laboral.
- Acceder aos beneficios dos convenios subscritos polo Colexio.
- Acceso ao Boletín Informativo en formato dixital.
Procedemento
Presencialmente ou mediante o formulario de precolegiación dispoñible a web, achegando a seguinte documentación.
- Xustificante da matrícula do ano en curso
Taxas
A precolexiación no COBGA é gratuíta.
Duración da condición de precolegiado/a
A condición de precolexiado/a mantense desde que se aproba a solicitude ata o 30 de setembro de cada ano. Se nesa data non se puidese pasar á situación de colexiado por non finalizar a carreira, poderase prorrogar mentres se manteña esa circusntancia, previa achega do novo resgardo de matrícula. No momento de terminar os estudos, pérdese a condición de precolexiado/a, e, para continuar a relación co COBGA, deberase solicitar o alto como colexiado/a, tendo dereito á exención do pago da cota de inscrición se se fai no ano seguinte á data de finalización da carreira.