Día do Biólogo/a 2026
O vindeiro 15 de maio (19:00h.), en A Toxa-O Grove, celebraremos o Día do/a Biólogo/a no cal recoñeceremos e agradeceremos o esforzo dos compañeiros que levan 25 anos inscritos no Colexio.
Será tamén unha oportunidade para confraternizar para todos o colexiados e colexiadas que queiran participar. Animádevos!
A inscrición dos/as colexiados/as homenaxeados/as é de balde, para o resto de colexiados/as ou acompañantes ten un importe de 25,00 €/persoa, na confirmación da recepción da inscrición, se corresponde, remitiremos o número de CC para facer o ingreso (Concepto: Día do Biólogo 2026 e o nome do interesado/a).
O prazo remata o día 8 de maio por razóns de organización.
A inscrición para asistir xa está aberta (IMPRESCINDIBLE).
Para os asistentes ao acto, o hotel Eurostars Louxo Talaso /A Toxa-O Grove) ofertou 10 habitacións dobres, con almorzo buffet e sesión Talaso incluida por 90 euros. É necesaria reserva a través do COBGA. Reservarase a este precio por exclusivo orde de petición da reserva. Unha vez confirmada a dispoñibilidade da reserva, solicitarase a transferencia polo importe indicado.
PREMIOS DÍA DO/A BIÓLOGO/A
- Biólogo do ano: Jose Manuel Castro Tubío
- Bióloga do ano: Mónica Fernández Aceytuno
- Gran Empresa: Lonza
- PEME: Cooperativa de Viña Costeira
- Pequena institución: CRDOP Arzúa-Ulloa
- Startup: ODS Protein
- Premio a proposta da Comisión de Comunicación do COBGA: Raúl Romar (La Voz de Galicia)