Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Actividade Profesional


Actividades profesionais

O artigo 17º do Decreto 150/2008 indica as funcións que poden desempeñar os biólogos na súa actividade profesional. Pódense sintetizar como segue:

 

1. Sector Ambiental

  • Estudos e avaliacións de impacto ambiental.
  • Xestión e conservación de espazos naturais, flora, fauna e biodiversidade.
  • Control e depuración de augas residuais.
  • Sistemas e auditorías de xestión ambiental (ISO, EMAS, etc.).
  • Planificación e ordenación do territorio.
  • Restauración do medio e da paisaxe. Reforestacións.
  • Xestión da contaminación e dos residuos: industriais, agrícolas, sanitarios e urbanos.
  • Asesoramento científico-técnico ambiental.
  • Xestión ambiental industrial e ecoeficiencia.
  • Estudos ecolóxicos e de biodiversidade.
  • Limnoloxía.
  • Servizos ambientais das administracións públicas.
  • Axendas Urbanas Locais e Estratexias de Desenvolvemento.
  • Prevención de riscos naturais e incendios forestais.
  • Dinámica de poboacións, manexo e control de especies.
  • Cambio climático: avaliación, mitigación e adaptación.
  • Pegada de carbono: cálculo, redución e compensación de emisións.
  • Planificación e xestión de infraestruturas verdes e azuis.
  • Deseño sostible de parques, xardíns e espazos verdes urbanos.
  • Economía circular e bioeconomía.
  • Avaliación de servizos ecosistémicos e capital natural.
  • Desenvolvemento de estratexias locais de sustentabilidade e adaptación climática.
  • Redacción, seguimento e avaliación de proxectos ambientais.  

 

2. Pesca, Acuicultura e Recursos Mariños

  • Oceanografía e bioloxía mariña.
  • Economía azul: aproveitamento sostible dos recursos mariños, marisqueo, biotecnoloxía azul, economía costeira e planificación litoral.
  • Acuicultura mariña (especies pesqueiras e algas).
  • Xestión pesqueira.
  • Control dos produtos da pesca e da acuicultura.
  • I+D pesqueira.
  • Xestión de reservas mariñas.

 

3. Sanidade e Saúde Pública

  • Tratamento de pragas e epizootías.
  • Control sanitario e fitosanitario.
  • Desratización, desinsectación e desinfección.
  • Análise biolóxica de augas e alimentos.
  • Análises clínicas e diagnóstico molecular.
  • Nutrición e dietética.
  • Toxicoloxía e avaliación de riscos.
  • Bioseguridade e control de axentes biolóxicos patóxenos.
  • Estudos demográficos e epidemiolóxicos.
  • Reprodución humana e asesoramento xenético.
  • Biotecnoloxía sanitaria, investigación biomédica, ensaios clínicos e I+D sanitaria.
  • Desenvolvemento de vacinas e tratamentos de precisión.
  • Saúde pública, saúde ambiental e enfoque “One Health”.
  • Bioinformática e análise de datos.
  • Desenvolvemento e avaliación de programas de saúde e prevención.
  • Medicina xenómica e reprodución asistida

 

4. Produción, Calidade e desenvolvemento

  • Control de calidade na industria.
  • Produción agropecuaria convencional e ecolóxica.
  • Biotecnoloxía industrial, agraria, mariña e ambiental.
  • Produción forestal e restauración ambiental.
  • Viticultura, enoloxía, apicultura, helicicultura e horticultura.
  • Viveiros, xardinaría e paisaxismo sostible.
  • Turismo rural, científico, ecolóxico e de natureza.
  • Xestión cinexética e da pesca fluvial.
  • Acuicultura de auga doce
  • Promoción e desenvolvemento rural sostible.
  • Cooperación e desenvolvemento internacional.
  • Xestión sostible de recursos naturais e agroambientais.
  • Economía circular: implantación, seguimento e avaliación en procesos produtivos.
  • Pegada de carbono e pegada hídrica: cálculo e redución en producións e servizos.
  • Ecodeseño, ecoinnovación e certificacións ambientais.
  • Investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i).
  • Bioeconomía e novos produtos de base biolóxica.

 

5. Formación e Docencia

  • Ensino universitario, secundaria e formación profesional.
  • Formación non regrada: ocupacional, escolas obradoiro, programas de emprego.
  • Educación ambiental e para a sustentabilidade.
  • Formación e divulgación dixital (e-learning, contidos multimedia e tecnoloxías educativas).
  • Educación para o cambio climático e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
  • Programas de formación continua para administracións, empresas e cidadanía.
  • Comunicación e divulgación da ciencia.

 

6. Servizos e Consultoría

  • Prevención de riscos laborais e saúde laboral.
  • Bioloxía do lecer: zoolóxicos, museos, acuarios, xardíns botánicos, parques temáticos e centros de interpretación.
  • Comportamento animal e etoloxía aplicada.
  • Experimentación animal e benestar animal.
  • Taxacións e peritaxes.
  • Consultoría en sustentabilidade, responsabilidade social corporativa e ODS.
  • Protección radiolóxica e seguridade biolóxica.
  • Comunicación e divulgación científica e ambiental.
  • Marketing técnico e comercialización de produtos farmacéuticos, alimentarios ou de laboratorio.
  • Bioinformática, ciencia de datos biolóxicos, ambientais e xenómicos.
  • Ciencia cidadá e participación social.
  • Asesoramento en políticas ambientais, planificación estratéxica e participación pública.
  • Elaboración de informes técnicos e proxectos de innovación en sustentabilidade.