Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Recurso de alzada posto de xefe/a do Servizo de Análises Clínicas (Ferrol)

Por COBGA 4 de octubre, 2024 Defensa da Profesión 224 visitas

Recurso de alzada posto de xefe/a do Servizo de Análises Clínicas (Ferrol)

Presentamos recurso de alzada contra o Anuncio do 18 de setembro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data para a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Análises Clínicas. Na base primeira da Convocatoria, relativa aos requisitos de acceso á mesma, establece que para poder participar é necesario estar en posesión dos títulos de grao ou licenciado/a en Medicina e ademais posuír o título de especialista.
Entendemos que o requisito de titulación para participar na convocatoria que non exclúa aos Biólogos, debe ser "estar en posesión do título universitario de grao, licenciado ou doutor, e do título oficial de especialista" motivo polo cal presentamos o correspondente recurso.