Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Escrito ao Presidente da Xunta sobre a vaga de inscendios forestais do presente mes de agosto

Por cobga 22 de agosto, 2025 General 772 visitas

Escrito ao Presidente da Xunta sobre a vaga de inscendios forestais do presente mes de agosto

Escrito ao Presidente da Xunta sobre a vaga de inscendios forestais do presente mes de agosto

 

O pasado xoves 22 de agosto remitimos un escrito ao Presidente da Xunta D. Alfonso Rueda no cal, en primeiro lugar, expresamos o desexo dunha pronta mellora do persoal ferido a causa dos incendios forestais que estes días están a devastar a nosa comunidade. Así mesmo, quere transmitir a través de vostede todo o seu apoio ás persoas que loitan contra o lume, en especial aos equipos de emerxencias.

Manifestamos a nosa profunda preocupación pola actual vaga de incendios que, ata o de agora, arrasaron máis de 70.000 hectáreas en Galicia e os seus efectos ecolóxicos: perda de biodiversidade, degradación de solos, alteración de ecosistemas acuáticos, e impacto directo sobre actividades económicas vinculadas ao medio natural e propoñíamos a necesaria política forestal integral, baseada en criterios ecolóxicos, na adaptación ao cambio climático e non unicamente en visións produtivistas.

Consideramos imprescindible que a prevención, á xestión posincendio de forma selectiva e prudente e solicitamos que a profesión dos biólogos e biólogas estea formalmente incorporada ao Consello Forestal de Galicia, como órgano consultivo e de
participación en materia forestal, e demanda asemade a modificación da Lei 7/2012, de montes de Galicia, que no seu artigo 8 exclúe aos biólogos e biólogas e a incorporación de biólogos e biólogas en postos de responsabilidade da Consellería
de Medio Rural, especialmente naqueles órganos e unidades que definen e executan a política forestal galega. 

Lembramos que Galicia conserva aínda ecosistemas forestais de grande valor, como fragas atlánticas e bosques de ribeira, que cumpren un papel esencial na regulación hídrica, na captura de carbono e na conservación da biodiversidade. A posta en valor destes ecosistemas mediante un aproveitamento multifuncional, que combine conservación, lecer, investigación e actividades tradicionais, pode contribuír á diversificación económica do rural, á creación de emprego e á loita contra o despoboamento.

Por último mostramos a nosa disposición para colaborar na necesaria restauración dos nosos montes.