Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Escritos de queixa sobre a discriminación dos/as Biólogos/as na Xunta de Galicia

Por cobga 10 de octubre, 2025 Defensa da Profesión 83 visitas

Escritos de queixa sobre a discriminación dos/as Biólogos/as na Xunta de Galicia

Presentamos con data do 7 de outubro escritos de queixa ante a Valedora do Pobo e o Presidente da Xunta de Galicia nos que denunciamos a situación de agravio e discriminación que sofre o persoal funcionario de Biólogos e Biólogas da Xunta de Galicia, agravada recentemente coa oferta de prazas para elección de destino definitivo publicada pola Xunta de Galicia (Resolución do 29 de setembro de 2025, DOG núm. 189 do 1 de outubro de 2025).

Solicitamos a súa intevención para corrixir unha situación que consideramos inxusta, discriminatoria e contraria aos principios básicos de igualdade e mérito na función pública.

Con data de 8 de outubro a Valedora do Pobo acusa recibo da nosa reclamación.

(Ver nota de prensa) https://biologosdegalicia.gal/noticia/discriminacionbiologos