Por
COBGA
21 de agosto, 2024
Defensa da Profesión
231 visitas
Resposta as críticas ao nomeamento dun biólogo como Decano comisario de Enfermería
O Colexio tivo coñecemento das reiteradas críticas á decisión de nomear ao Dr. D. Rafael Durán, como decano comisario da nova Facultade de Enfermería, e por ese motivo remitiu un escrito ao Reitor da Universidade de Vigo D. Manuel Joaquín Reigosa Roger, rexeitando calquera intento de descualificar a designación do Dr. Durán baseándose na súa formación como biólogo. Consideramos que o seu nomeamento non só é lexítimo, senón tamén beneficioso para a comunidade académica e para os futuros profesionais da saúde. Temos mostrado o respaldo a acertada decisión do reitor da UVIGO, confiando en que o Dr. Durán desempeñará un papel crucial na promoción da excelencia académica e o desenvolvemento da nova Facultade de Enfermería.