Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Modificación das relacións de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Por COBGA 28 de agosto, 2024 Defensa da Profesión 216 visitas

Modificación das relacións de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Dirímonos ao Conselleiro de Facenda e Administración Pública para expresar a nosa profunda desconformidade coa Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 8 de agosto de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 21 de agosto de 2024. Dita resolución ordena a publicación do Acordo do Consello de la Xunta de Galicia do 5 de agosto de 2024, mediante o cal se aproba a modificación das relacións de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do actual contexto de funcionarización de postos de traballo de categorías profesionais de persoal laboral. As prazas de biólogos teñen un nivel 20, frente a otras categorías do grupo A1 con niveis superiores (24 a 26), e incluso categorías do A2 con niveis 24. Consideramos Esta disparidade na clasificación de niveis é claramente desfavorable e discriminatoria cara ao colectivo de biólogos e biólogas, realizando funcións de alta cualificación e responsabilidade. Consideramos que esta situación non só é inxusta, senón que tamén pon en perigo a motivación e o recoñecemento do traballo dos nosos profesionais dentro da Administración pública galega. Polo que solicitamos unha revisión urxente e unha rectificación na distribución de niveis asignados ás prazas de biólogos do grupo A1, a fin de garantir un trato xusto e equitativo en comparación con outras categorías profesionais e solicitamos formalmente unha reunión conxunta co Sr. Conselleiro de Facenda e Administración Pública e a Sra. Directora Xeral de Función Pública.