Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e o Xeoparque Montañas do Courel e o asinan un convenio de colaboración.

Por cobga 20 de mayo, 2025 General 370 visitas

Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e o Xeoparque Montañas do Courel e o asinan un convenio de colaboración.

Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e o Xeoparque Montañas do Courel e o asinan un convenio de colaboración.


Na tarde do 20 de maio tivo lugar a sinatura dun convenio de colaboración entre o Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de
Galicia (COBGA), nun acto celebrado na sede do colexio en Santiago de Compostela.


O acordo foi asinado polo presidente do Xeoparque, Roberto Castro González, e polo decano do COBGA, José Antonio Fernández Bouzas.


Este convenio abre novas vías de colaboración en diversas actividades de promoción e divulgación do patrimonio natural, como cursos, conferencias e eventos educativos. Entre as accións previstas destaca a participación do Xeoparque na fase autonómica da Olimpíada Española de Bioloxía, coa organización dunha visita guiada especial para os
tres mellores clasificados e os seus docentes. Esta primeira visita está prevista para o vindeiro mes de xuño.