No DOG do 7 de maio, publícase o ANUNCIO do 21 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 734/25, en relación cos postos ofertados polas resolucións do 29 de setembro de 2025 e do 30 de setembro de 2025 polas que se convocan a elección de destino as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1, escalas de enxeñeiros, especialidades de enxeñaría agronómica e de enxeñaría técnica forestal, e escala de ciencias, especialidades de química, bioloxía e ciencias do mar e física.
Xa vos informamos no seu momento que o Colexio presentou Recurso Contencioso-Administrativo contra anteditas RESOLUCIÓNS. O motivo é que a administración convocante ofreceu, de forma exclusiva e excluínte, aos aspirantes da especialidade de Enxeñería de Montes e Agrónomos, prazas vacantes que, segundo a RPT, estaban abertas a bioloxía. Iso supón, ao noso modo de entender, que se está acoutando de forma inxustificada, basicamente, á titulación de enxeñería de montes e tamén de agrónomos, as prazas en apuntadas e, por tanto, impedindo a outras titulacións a posibilidade de beneficiarse de postos de alto nivel de complemento de destino (nivel 25 e 26) e de contido que consideramos debería ser xestionado pola nosa titulación (Xefatura Sección de Reservas da Biosfera ou Xefatura Área Técnica Conserv. e Xest. Biodivers por exemplo).