Por
cobga
20 de octubre, 2025
Notas de Prensa
389 visitas
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) denuncia que a Xunta de Galicia elimina aos biólogos e biólogas dos postos de xestión do medio ambiente.
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) denuncia que a Xunta de Galicia elimina aos biólogos e biólogas dos postos de xestión do medio ambiente.
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático vén de excluir ao persoal biólogo dos principais postos de responsabilidade técnica na xestión ambiental de Galicia. Entre os postos afectados atópanse dous de nova creación, a Xefatura de Sección de Reservas da Biosfera e a Xefatura de Área Técnica de Conservación e Xestión da iodiversidade, ambos directamente vinculados á protección e conservación do patrimonio natural galego.