Por
COBGA
4 de octubre, 2024
Notas de Prensa
241 visitas
NDP: Día Mundial dos Animais , 4 outubro
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia insta á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia para que impulse a elaboración dos plans de recuperación e conservación das especies ameazadas. Na actualidade, o Decreto 88/2007, que regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, inclúe preto de 200 especies, das cales 76 atópanse clasificadas como en perigo de extinción. Este grupo inclúe 2 algas, 4 liques, 2 musgos, 7 fentos, 35 plantas superiores, 4 moluscos, 4 artrópodos, 3 réptiles, 13 aves e 2 mamíferos