Por
cobga
7 de octubre, 2025
Notas de Prensa
106 visitas
NDP discriminación do colectivo de biólogas e biólogos da Xunta de Galicia
Nota de Prensa do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia na cal denunciamos a discriminación do colectivo de biólogas e biólogos da Xunta de Galicia na recente oferta de prazas de destino definitivo.
Denunciamos que o nivel das prazas ofertadas para a Escala de Bioloxía é notablemente inferior ao doutras escalas da Administración Especial. Só un 16 % das prazas ofertadas a biólogas/os superan o nivel 25, fronte a porcentaxes que chegan ao 60 % ou mesmo ao 100 % noutros corpos como Enxeñaría Agrónoma, Arquitectura ou Enxeñaría de Minas.