Requisitos e cotas
Documentación necesaria
- Unha fotografía.
- DNI ou sinatura electrónica. (*)
- Título (Licenciatura ou Grao en Bioloxía).
Se aínda non se posúe o Título deberá presentarse unha Certificación do Pagamento dos Dereitos de Expedición do Título. - Nº de Conta bancaria (IBAN e CC)
Cota de inscrición (pago único)
- 0,00 €. Precolexiados/as.
- 15,00 €. Licenciados/as ou Graduados/as (data remate de estudos) nos últimos 12 meses ou realizando un master segundo o indicado na Xunta Xeral de 26/04/24.
- 35,00 €. Licenciados/as ou Graduados/as (data remate de estudos) fai máis dun ano.
Cotas anuais
- Normal: 150 euros
- Normal reducida: 75 euros. O 50% da cota normal durante o primeiro ano de colexiación para os/as graduados/as nos derradeiros 12 meses ou colexiados/as residentes no estranxeiro (Segundo a decisión da Xunta Xeral de 26/04/24).
- Reducida por desemprego: 60 euros (**)
- Por xubilación: 0.
Lembrade que as cotas poden deducirse do IRPF
No momento da solicitude de alta aboarase a cota de inscrición que corresponda e a parte proporcional da cota semestral (son páganse os meses que falta para o fin do semestre), a razón de 5,00 €/mes a cota reducida ou 12,5 €/mes a cota normal ou 6,25 €/mes a normal reducida. Estes pagos faranse en efectivo no caso da colexiación presencial, ou mediante transferencia bancaria no caso da colexiación on line.
Emítense dous recibos ao ano: un en xaneiro e outro en xullo, en cada caso pola metade do importe correspondente.
(*) no caso de asinar algún documento coa sinatura electrónica non fai falla o DNI.
(**) Xustificarase co documento correspondente (DARDE ou certificado do SGC)