Por
cobga
29 de enero, 2025
General
99 visitas
Reunión coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático,
O pasado mércores 29 de xaneiro mantivemos unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o Subdirector, Tomás Fernández, na que propusimos á Xunta a sinatura dun convenio para a execución de varias iniciativas divulgativas relacionadas cos espazos naturais e dirixidas tamén aos profesionais do sector que exercen a súa actividade na Comunidade. Así mesmo falouse da situación dos biólogos e biólogas na Consellería e da necesidade de incremental os niveis actuais das prazas para equiparalo ao seu nivel de responsabilidade.