Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

CGCOB - BIR

Por cobga 1 de agosto, 2025 General 366 visitas

CGCOB - BIR

CGCOB - BIR 2026

No mes de xuño pasado, a petición do CGCOB, remitimos ao Conselleiro de Sanidade un escrito ante a constatación nos últimos anos dun incremento notablemente desigual na oferta de prazas FSE nas especialidades multidisciplinares.

No escrito pedíamos que "en virtude da lexislación vixente, a xurisprudencia consolidada en materia de acceso ao emprego público sanitario, e o interese xeral que ampara a eficiencia na planificación de recursos humanos en saúde, instamos a faga os correspondentes trámites coa finalidade de se considere a solicitude preferente de prazas BIR para a próxima convocatoria oficial de Formación Sanitaria Especializada 2026, como medida lexítima, razoable e xuridicamente procedente para fortalecer o seu equipo multidisciplinar de laboratorio, garantir a substitución xeracional e contribuír á sustentabilidade do sistema asistencial". A mesma petición foi realizada polos demais COBs nacionais.

Recentemente o Ministerio de Sanidad  ten informado que na convocatoria da Formación Sanitaria Especializada do 2026 o Ministerio e as comunidades autónomas teñen aprobado un crecemento xeral do 3,5% nas prazas e no caso do BIR convocaranse 83 prazas o cal supón en relación coas 63 da presente convocatoria crecemento dun 32%.