Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Día do/a Biólogo/a


-Premios Día do/a Biólogo/a

-Inscrición Día do/a Biólogo/a


Premios Día do/a Biólogo/a 2025
O vindeiro Día do/a Biólogo/a (16 de maio, en A Toxa-O Grove) a máis de recoñecer e agradecer o esforzo dos compañeiros que levan 25 anos inscritos no Colexio, a ocasión servirá para nomear estas distincións: Biólogo/a do Ano e Empresas do Ano.

A tal efecto, ábrese un prazo ata o día 1 de abril para que os/as colexiados/as interesados/as fagan as súas propostas (Unha candidatura por categoría):

- Biólogo/a do Ano. Serán colexiados/as ou de orixe galega, que se teñan distinguido ao longo da súa vida profesional pola súa traxectoria, por algún descubrimento, investigación ou protagonizado algún feito de especial relevancia nos ámbitos da nosa profesión.
- Empresa do Ano. Empresas ou Institucións que estarán establecidas en Galicia e teranse distinguido pola súa inversión en I+D en ámbitos tecnolóxicos relacionados coa Bioloxía, ou polo seu compromiso coa sostibilidade nos seus procesos produtivos ou polo seu compromiso coa responsabilidade social ou pola súa confianza no traballo dos biólogos, reflectido no número deles que emprega.

    Dúas Categorías:
    - Grandes Empresas / Institucións
    - PEME / Institucións de tipo medio ou pequeno

As propostas incluirán os datos do propoñente (Nome e nº de colexiado/a) e os dos propostos para cada categoría (unha ou varias), expresando as razóns para facelo, e enviaranse mediante o formulario  Non se considerarán as candidaturas que non veñan motivadas.

O día 8 de abril, a Xunta de Goberno fará públicas as propostas recibidas que cumpran cos requisitos expresados para as categorías referenciadas, e procederase á apertura do proceso de votación on-line, votación na que será condición indispensable a identificación do votante mediante o seu número de colexiado/a. O período de votacións pecharase o día 22 de abril as 12:00 Horas. Se houbese unha única candidatura na correspondente categoría e cumprise os requisitos, non será necesaria a votación.

A Xunta de Goberno agradece e anima a vosa participación!Premios Día do/a Biólogo/a 2025

Inscrición ao Día do/a Biólogo/a 2025

A inscrición dos/as colexiados/as homenaxeados/as é de balde,  para o resto de colexiados/as ou acompañantes ten un importe de 25,00 €/persoa, na confirmación da recepción da inscrición, se corresponde, remitiremos o número de CC para facer o ingreso (Concepto: Día do Biólogo 2025 e o nome do interesado/a). O prazo remata o día 8 de maio por razóns de organización.

Formulario de Inscrición

O hotel Eurostars Louxo Talaso /A Toxa-O Grove) ofertou 10 habitacións dobres, con almorzo buffet e sesión Talaso incluida por 78 euros. É necesaria reserva a través do COBGA. Reservarase a este precio por exclusivo orde de petición da reserva. Unha vez confirmada a reserva solicitarase confirmación cunha transferencia polo importe indicado.

Esperando contar coa túa presenza, recibe o meu máis cordial saúdo.
José A. Fernández Bouzas (Decano)