REDUCIÓN COTA COLEXIAL 1º SEMESTRE 2026
èO vindeiro mes de xaneiro (día 2) poñeranse ao cobro os recibos correspondentes á cota de colexiación do primeiro semestre do ano 2026. Aproveitade para comunicarnos calquera cambio nos vosos datos bancarios a fin de evitar devolucións de recibos.
Poden acollerse á cota reducida (30,00 euros) os colexiados/as que se atopen nalgunha das circunstancias seguintes e que o demostren adecuadamente no prazo que se indica:
è Situación de desemprego. Farán chegar ao Colexio escaneado ao correo cotareducida@biologosdegalicia.org , por WhatsApp (pon o noso teléfono como novo contacto 981531440) ou por carta a COBGA (Apartado de Correos 1130, 15780- SANTIAGO) calquera dos seguintes documentos:
- O Documento Acreditativo da Renovación da Demanda de Emprego (DARDE) que se pode descargar no servizo electrónico, só será válido se inclúe a data de impresión, que debe estar dentro do prazo (28 de novembro ao 19 de decembro de 2025). (Pódese borrar o PIN cun programa de xestión de imaxes)
- Informe de Situación Administrativa ou Informe de Períodos de Inscrición (Emitidos pola Oficina de Emprego ou Servizo de Colocación correspondente ou descargados da web do SGC con data das incluidas no prazo).
Todos eles deben reflectir a situación de ALTA (Non é válido se a situación é de Mellora de Emprego). Non se considerará ningún outro documento nin os Informes entregados con anterioridade.
è Os pensionistas por xubilación ou invalidez (Cota “0” segundo decisión da Xunta Xeral Ordinaria do 15 de maio de 2021), presentando a acreditación correspondente.
IMPORTANTE: O prazo de recepción destes documentos remata o día 19 de decembro (23:59 horas).
Non se terán en conta os recibidos despois desa data. Actuade con dilixencia e consultade calquera dúbida ao respecto. Grazas pola vosa atención.