Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Razóns para COLEXIARTE no COBGA

COLEXIARSE é obrigatorio.

1.       A colexiación é un deber, é requisito legal para poder exercer a profesión.

COLEXIARSE por recoñecemento.

2.       Coa firma dos teus proxectos e/ou informes incluíndo o teu número de colexiado/a acreditas a túa profesionalidade e o cumprimento dun código deontolóxico.

3.       É unha función do Colexio conseguir que a sociedade e as administracións recoñezan e valoren aos profesionais da Bioloxía en todos os nosos ámbitos de actuación.

4.       As canles de comunicación do Colexio difunden os traballos e actividades profesionais dos Biólogos e Biólogas que forman parte deste.

5.       O teu nome e número de colexiado/a figurará no Rexistro de Biólogos de Galicia.  Ademais, contamos cun Directorio que che permitirá publicitar a túa experiencia. Idenficaránche e atoparanche facilmente. Poñemos ao dispor dos tribunais unha listaxe de peritos do COBGA.

6.       Mencións: o recoñecemento da nosa profesión mediante un Título propio onde o COBGA recoñecerá a todos os profesionais que demostren a súa traxectoria profesional. Mención de Bioloxía Sanitaria e Mención de Bioloxía Ambiental a través do CGCOB. 

 

COLEXIARSE pola defensa da profesión.

7.       Unha das principais funcións do Colexio é a defensa da profesión.

8.       O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia representa e apoia os dereitos dos/as colexiado/as e o exercicio profesional nas diferentes áreas e ámbitos de actuación.

9.       Traballamos para previr, evitar e denunciar a competencia desleal e as actuacións discriminatorias procedentes de actividades públicas e privadas.

10.   O COBGA é o único representante legal recoñecido polas Administracións Públicas como defensor e representante dos/as colexiados/as fronte aos Tribunais de Xustiza.

11.   Só desde o traballo e a loita colectiva pódense acadar obxectivos comúns, por exemplo abrir activamente novos ámbitos ou incrementar a nosa presenza na sociedade.

 

COLEXIARSE polos servizos

12.   Bolsa de traballo: recibirás e accederás á información sobre ofertas de traballo e o equipo do COBGA ofrecerache unha atención personalizada.

13.   Formación continuada: o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia organiza diferentes actividades formativas ben directamente ou a través do CGCOB (Plataforma Biodemecum).

14.   Facilidades para desenvolver a túa profesión: asesoría xurídica, póliza de responsabilidade civil profesional, o visado e rexistro dos traballos profesionais e a compulsa de documentos.

 

 COLEXIARSE polos descontos

15.   A cota colexial é desgravable na declaración anual do IRPF.

16.   O Colexio ofréceche mediante un Convenio un seguro de responsabilidade civil cunha tarifa especial.

17.   Ofréceche descontos en varios centros para cursos específicos en distintos campos da Bioloxía que necesitas para avanzar no teu ámbito de traballo.

18.   Estar colexiado/a permíteche acceder a descontos moi interesantes en bancos, seguros médicos…

 

COLEXIARSE para estar ao día e participar na vida colexial

19.   Recibirás semanalmente o NOVAS con noticias de bioloxía, cursos, congresos, ofertas de traballo, bolsas e información da actividade colexial.

20.   A colexiación permíteche participar activamente na vida do Colexio. VEN E PROPÓN IDEAS. O COLEXIO SOMOS TODOS/AS!

 

E se aínda non terminaches os estudos, podes PRE-COLEXIARTE!

E empezarás a gozar dos nosos servizos: formación, información e orientación laboral

É un medio de incorporación e coñecemento da vida profesional e laboral. Desde o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia queremos apoiar aos que nun futuro próximo teñan o dereito e o deber de incorporarse como membros do COBGA.

Vantaxes durante o período de pre-colexiación

1.       Recibir orientación formativa e laboral.

2.       Cursos e actividades formativas co prezo dos/as colexiados/as.

3.       Carné de pre-colexiado/a.

4.       Acceso á páxina web do COBGA (incluída a zona restrinxida) onde se pode obter a información sobre as ofertas de traballo, formación e actividade colexial.

5.       Acceder aos beneficios dalgúns convenios subscritos polo COBGA con entidades de servizos e produtos

  .   Cota de inscrición gratuita unha vez rematados os estudos.