Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

COLEXIACIÓN OBRIGATORIA

A colexiación é obrigatoria para o exercicio da profesión de biólogo, tanto no ámbito privado como público.

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA- é unha corporación de dereito público que ten entre os seus fins esenciais e fundamentais a de  “Ordenar e vixiar, de acordo co establecido polas leis, o exercicio da profesión de biólogo/a en todas as súas formas e especialidades” (artigo 5º dos Estatutos).

A Lei 2/1974 de Colexios Profesionais, modificada pola Lei 25/2009 sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio (Lei Ómnibus), di no seu artigo 3.2 que “Será requisito indispensable para el ejercicio de los profesiones hallarse incorporado al colegio profesional correspondiente cuando así lo establezca una ley estatal”.

 

A Lei 75/1980, do 26 de diciembre, de creación do Colexio Oficial de Biólogos di no seu artigo 3 que “El Colegio Oficial de Biólogos agrupará a Doctores y Licenciados en Ciencias Biológicas. Esta integración será obligatoria para el ejercicio de la profesión de biólogo.”

 

O Tribunal Constitucional adoptou nove sentencias, (SSTC 3/2013, 46/2013, 50/2013, 63/2013, 89/2013, 123/2013, 201/2013 e 150/2014, Sentencia 229/2015) nas que estableceu de forma definitiva, unánime e incuestionable o carácter básico do art. 3.2 da Lei 2/1974, de Colexios Profesionais, na redacción dada pola Lei 25/2009, do 22 de decembro, de maneira que a esixencia da colexiación para o exercicio dunha profesión (tanto de maneira pública como privada) e, en consecuencia, as súas excepcións forman parte da competencia estatal do art. 149.1.18 CE e constitúe unha condición básica que garante a igualdade no exercicio dos dereitos e deberes constitucionais ex art. 149.1.1 CE.

 

En consecuencia, dada a obrigatoriedade da colexiación en virtude do establecido na Lei 75/1980, do 26 de decembro, de creación do Colexio Oficial de Biólogos antes referida, a  integración no Colexio Oficial de Biólogos de Galicia será obrigatoria para o exercicio da profesión de biólogo/a, é máis, a sinatura de calquera estudo, informe, acta, ditame, memoria, etc. sen consignar o número de colexiado/a debe considerarse un incumprimento da lei, por falta ou defectuosa identificación do asinante no aspecto relativo a súa pertenza a corporación profesional, que é o que lle permite realizar a dita actividade profesional.

 

A colexiación é obrigatoria calquera que sexa a función que se realice como/a Biólogo/a, dentro das relacionadas no artigo 17 dos Estatutos do Colexio, sempre que se exerza a profesión strictu sensu. É o título oficial o elemento que determina a obrigación da colexiación.

 

A obrigatoriedade da colexiación é unha ferramenta imprescindible para a ordenación e defensa da profesión e a loita contra o intrusismo.

 

 

Sentenzas do Tribunal Constitucional