Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Actividade Profesional


Actividades profesionais

O artigo 17º do Decreto 150/2008 indica as funcións que poden desempeñar os biólogos na súa actividade profesional. Pódense sintetizar como segue:

 

Sector Ambiental

 

  • Estudos de impacto ambiental
  • Xestión de espazos naturais
  • Control e depuración de augas residuais
  • Sistemas de xestión ambiental
  • Auditorías ambientais
  • Planificación e ordenación do territorio
  • Conservación de especies: flora e fauna
  • Reprodución de especies
  • Solos
  • Restauración do medio e da paisaxe. Reforestacións
  • Xestión da contaminación e de residuos: industriais, agrícolas, sanitarios e urbanos
  • Asesoramento científico-técnico
  • Xestión ambiental industrial
  • Estudos ecolóxicos
  • Limnoloxía e Bioloxía Mariña
  • Servizos ambientais das Administracións públicas
  • Axenda 21 Local
  • Prevención de riscos naturais e incendios forestais
  • Dinámica de poboacións: manexo e control

 

Sanidade

 

  • Tratamento de pragas e epizootías. Fitosanitarios
  • Desratización, desinsectación e desinfección
  • Análise biolóxica de augas e alimentos
  • Análises clínicas
  • Consello xenético
  • Nutrición e dietética
  • Toxicoloxía. Avaliación de riscos
  • Reprodución humana e planificación familiar
  • Bioquímica, Microbioloxía e Parasitoloxía, Inmunoloxía, Radiofísica hospitalaria
  • Estudos demográficos e epidemiolóxicos
  • Control de axentes biolóxicos patóxenos
  • Investigación científica sanitaria
  • Biotecnoloxía sanitaria
  • Sanidade ambiental

 

Produción e Calidade

 

  • Medicamentos de uso humano e veterinario
  • Análise agroalimentaria
  • Calidade na industria alimentaria
  • Acuicultura (auga doce e mariña)
  • Produción agropecuaria convencional e ecolóxica
  • Biotecnoloxía industrial e agraria
  • Produción forestal
  • Apicultura, Helicicultura
  • Viticultura, Enoloxía
  • Turismo rural-natural
  • Produción pesqueira
  • Xestión cinexética
  • Xestión sustentable de recursos naturais
  • Investigación e desenvolvemento
  • Xestión da calidade
  • Cosmética
  • Viveiros e xardinería
  • Plantas medicinais e herboristería
  • Promoción e desenvolvemento rural
  • Cooperación e desenvolvemento internacional

 

Formación - Docencia

 

  • Universidade
  • Secundaria
  • Non regrada: formación ocupacional, escolas-taller
  • Educación ambiental e para a saúde

 

Servizos

 

  • Prevención de riscos laborais-saúde laboral
  • Bioloxía do lecer: zoolóxicos, museos, parques temáticos, acuarios e xardíns botánicos
  • Comportamento animal
  • Marketing-comercial de produtos farmacéuticos e aparatos de laboratorio
  • Experimentación animal
  • Protección radiolóxica e seguridade nuclear
  • Divulgación científica
  • Taxacións e peritaxes