Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

  
  • Teléfono

  • 981 53 14 40


line
  • Enderezo

  • Banquete de Conxo, 6
    15706 Santiago de Compostela

line

Código Deontolóxico. No Pleno do Consejo General de Colegios Oficiais de Biólogos (CGCOB)  do 12 de xuño de 2021, aprobouse o Código Deontolóxico do Biólogo, en aplicación do Artigo 4.3 dos estatutos corporativos (Orden do 14 de mayo de 2001. BOE número 124 do 24 de maio de 2001), que inclúe entre as súas funcións e en relación coa finalidade de orientación e vixilancia deontolóxica do exercicio profesional:

a) Establecer as normas deontolóxicas xerais ordenadoras do exercicio da profesión de Biólogo, as cales terán carácter obrigatorio, e aplicar ditas
normas, velando pola súa observancia e uniforme execución. 

b) Coidar ou promover a difusión da imaxe adecuada da profesión de Biólogo e da divulgación dos avances da Bioloxía que estean cientificamente avalados.

c) Perseguir a competencia ilícita, velando pola dignidade e decoro do exercicio profesional, vixiando a plena efectividade das disposicións que
regulan as incompatibilidades e exercitando as accións legais precisas contra o intrusismo e a clandestinidade no exercicio da profesión."
Estas funcións emanan da Ley 2/1974, do 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais, que no seu Artigo 5 no que se establecen as funcións dos
colexios profesionais inclúese no seu apartado "i) Ordenar no ámbito da súa competencia, a actividade profesional dos colexiados, velando pola ética e dignidade profesional e polo respecto debido aos dereitos dos particulares e exercer a facultade disciplinaria na orde profesional e colexial."

 


Documentos adxuntos