O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA- é unha corporación de dereito público sen ánimo de lucro. Constituíuse a partir do Real Decreto 1679/2000, do 2 de outubro, polo que se acorda a segregación da Delegación de Galicia do Colexio Oficial de Biólogos; e do Decreto 237/2003, do 27 de marzo, polo que se crea o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (primeiro como Delegación de Galicia do Colexio Oficial de Biólogos) abriu as súas portas no ano 1987. Na actualidade conta con máis de 1.325 colexiadas/os.
Fundamentos xurídicos
- Lei 75/1980, de 26 de decembro, de creación do Colegio Oficial de Biólogos-
- Real Decreto 1679/2000, do 2 de outubro, polo que se acorda a segregación da Delegación de Galicia do Colexio Oficial de Biólogos.
- Decreto 237/2003, do 27 de marzo, polo que se crea o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.
- Decreto 150/2008, do 3 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.
- Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.